AGASALLOS A ENCARNA DOS SEUS ALUMNOS


Hoxe, igual ca un día calquera na aula de 1ºA, a súa titora, Encarna, impartía a súa clase. Pero... nun intre o escenario cambiou.
        Abriuse a porta e a profe recibiu e viu plasmado o afecto que a súas familias e alumnado quixeron manifestarlle cun agasallo conxunto: un reloxo de colgar, un libriño de recoñecemento dos nenos que ela tanto aprecia, unha tarta de lambetadas para compartir cos "peques" e unha caixa de madeira cunha frase que engloba unha boa  parte do seu sentir pedagóxico.
      Recibiuno sorprendida, emocionada e agradecida. Ninguén coma ela, que dedica unha meirande  parte do seu tempo aos seus alumnos e ao colexio en xeral, é merecedora deste premio.

      Grazas no seu nome e no de todas as persoas que a queremos e recibimos con orgullo a homenaxe daqueles que souberon recoñecer a súa brillante labor polo ensino.



 

23 de abril:"Día do libro" Todos contan á hora de ler.

Esta semana celebramos o Día do libro. A lectura terá un papel moi destacado. Por iso e para ser máis novidoso, convidamos ás familias a contarnos un conto durante este mes de abril. Seredes ben recibidas!




Aprendemos a describir.